A limpeza do Lérez tamén é cousa de nenos
Por Redacción
Os rapaces e rapazas que participan na ludoteca municipal da Xunqueira demostraron, unha vez máis, o seu elevado grao de conciencia ambiental. Aproveitaron unha das súas actividades deportivas para limpar o fondo do río Lérez.
Foi a través dunhas xornadas de paddle surf, organizadas ao abeiro do programa Efecto PO2, nas que ademais de amosar aos nenos como se practica este deporte tamén houbo tempo para achegar o seu gran de area para ter o río o máis limpo posible.
Os participantes retiraron maiormente elementos de pouca envergadura como zapatos ou latas, pero tamén se sacou do río algún valado de obra.
As primeiras saídas ao río comezaron este martes e continuarán ata o venres 31 de xullo. A actividade ten unha duración de 2 horas e media.
Parte da praia fluvial onde se imparte unha lección de 30 ou 40 minutos sobre a colocación do neopreno e indicacións básicas de seguridade e estabilidade sobre a táboa.
A actividade na auga ten unha duración dunha hora e 40 minutos, aproximadamente na que os rapaces e monitores sacan do fondo do río bolsas plásticas, rodas, valos de obra, zapatos, latas ou plásticos, entre outras cousas.
Todo este material de refugallo deposítano nos colectores correspondentes e, no caso de tratarse de elementos de gran volume, trasládanse ao punto limpo do Campiño.
Relacionadas:
-
Mergulladores realizan unha limpeza exhaustiva do fondo mariño de Combarro
Por Redacción |
-
Amplían os roteiros de pádel surf polo Lérez tras esgotar as prazas en tres horas
Por Redacción |
-
Organizan rutas de paddlesurf para coñecer Pontevedra desde o río Lérez
Por Redacción |
-
Os socialistas queren converter o Lérez no eixo de rutas turísticas e actividades de lecer
Por Redacción |