Poio pecha o orzamento do ano pasado con liquidez: dispón de 2'5 millóns de euros para financiar gastos
Por Redacción
Segundo a liquidación do orzamento de 2019 en Poio, aprobada en pleno ordinario, o Concello pecha o pasado exercicio con liquidez. Isto é, dispón de 2,5 millóns de euros para financiar gastos. Unhas contas que durante o período de exposición pública non presentaron ningunha alegación, como sinalou durante a sesión o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro.
O Concello fixara incialmente en 12.646.000 euros o orzamento municipal; non obstante a cantidade elevouse aos 17,4 millóns ao engadir "achegas que inicialmente non se contemplaban no documento". As principais contas anuais da administración local quedaban aprobadas co voto en contra da oposición.
Unha das críticas manifestadas polo grupo do PP referíase ao incumprimento da regra de gasto - estes non poden superar o 3% dos remanentes -, a cuxo respecto o titular de Facenda expuxo que "cando se xeran máis ingresos e a tendencia é de crecemento, como sucede en Poio, a regra é máis difícil de cumprir. Poderiamos destinar os recursos exclusivamente a amortizar a débeda, pero entendemos que é prioritario ofrecer servizos aos veciños".
A débeda municipal actualmente está o 48%, "moi lonxe do 115% que permite a normativa vixente", segundo os datos que se expuxeron durante esta sesión plenaria.
Relacionadas:
-
Poio destinará parte do remanente do 2019 ao pago de gastos xerais e facturas
Por Redacción |
-
O Concello de Poio fai un chamamento á Xunta para o cambio de distribución do mapa de emerxencias
Por Redacción |
-
O Concello de Poio retoma os procesos para finalizar a construción do novo vial da Caeira
Por Redacción |
-
Poio tramita a substitución da cuberta da Casa Consistorial por 277.700 euros
Por Oskar Viéitez |