Médico Ballina estreará a próxima semana o seu ansiado parque infantil
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal saldará moi pronto a súa 'débeda histórica' cos veciños -e sobre todo os nenos- de Médico Ballina. O ansiado parque infantil do barrio poderá recibir aos seus primeiros usuarios a próxima semana, previsiblemente a partir do luns.
Así o confirmou o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, que explica que a apertura se atrasou uns días ao faltar un último trámite administrativo co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).
O parque, executado pola empresa Brincatel España, custou uns 157.000 euros.
Este equipamento ocupa unha parcela de 1.198 metros cadrados e conta cunha zona de estancia no acceso ao parque e doutra parte traseira para os diversos xogos infantís.
A zona de xogos ten un pavimento amortecedor (formado por céspede artificial e placas de entre 35 e 90 milímetros de grosor) e unha ampla variedade de elementos.
Entre eles, hai unha tirolesa, un pórtico de randeeiras con dúas cadeiras planas, unha randeeira con forma de cesto, dous equipos combinados a maneira de xincana, paneis lúdicos para xogar ao tres e ao catro en raia, un labirinto inclusivo e varias randeeiras con resortes.
A zona de descanso dispón de catro bancos, tres papeleiras, unha mesa de de ping-pong, dúas mesas con taboleiros para xogos de mesa de xadrez e parchís e bancos incorporados, tres papeleiras e fontes de auga adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Relacionadas:
-
Reabre o parque infantil de Médico Ballina coa estrea de 13 árbores de sombra
Por Redacción |
-
Plantan trece árbores para darlle sombra ao parque infantil de Médico Ballina
Por Redacción |
-
Ganas de xogar no demandado parque infantil de Médico Ballina: “Es como un sueño hecho realidad”
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O PP reitera a súa petición de cambio de nome do parque de Médico Ballina e que se lle dote de árbores
Por Redacción | Creada e actualizada
-
6 de xullo, nova data para a estrea do parque infantil de Médico Ballina
Por Alejandro Espiño |
-
O parque infantil de Médico Ballina vai tomando forma
Por Redacción |