Musicomedia familiar para a velada do venres en Cuntis
Por Redacción
O programa cultural estival do Concello de Cuntis para a noite do próximo venres 31 está dirixido ao público familiar. Poderán gozar dun espectáculo de musicomedia titualdo 'Concerto con fusión' e correrá a cargo do grupo de percusión Píscore. Comezará á 21.00 horas na Praza da Consttitución. Ofrecerán unha actuación que mestura música, comedia gestual, teatro, clown e tamén a participación do público.
Esta actuación forma parte das propostas do 'Verán cultural' que o Concello está a ofrecer durante estes meses á poboación nova e infantil de Cuntis. Ademais de proporcionar unhas actividades lúdicas e culturais a esta poboación, tamén se pretende facilitar a conciliación laboral e familiar entre os adultos.
Ademais, nesta complicada tesitura sanitaria, as actividades desenvólvense atendendo as recomendacións de seguridade e prevención entre os participantes. Os talleres 'Compartarte' e ' Cativarte' están a conseguir unha fantástica acollida, minguada con todo respecto a edicións pasadas, do mesmo xeito que o curso de xadrez.
Dado que a programación continúa en agosto, mantéñense abertas as inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil, tamén chamando ao teléfono 986 53 36 00 e no correo electrónico omix@concellodecuntis.es
Relacionadas:
-
Bota a andar o 'Verán Cultural' de Cuntis con actividades para público infantil, xuvenil e adulto
Por Redacción |
-
Aprazada definitivamente ata 2021 a cuarta edición do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
A aula CeMit de Cuntis acollerá durante xullo e agosto actividades formativas sobre redes sociais
Por Redacción |