Unha colisión frontal deixa dúas persoas feridas en Poio
Por Oskar Viéitez
Dúas persoas resultaron feridas esta tarde no municipio de Poio, despois de chocar frontalmente dous turismos.
O accidente ocorreu, sobre as 17:30 horas, na PO-308, na avenida de Encoirados, al carón da gasolinera á altura do lugar de Albar. Un dos alertantes que chamou ao 112 Galicia para informar da situación, aseguraba que os dous feridos estaban fóra dos turismos.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local de Poio os dous feridos son os condutores de cada coche que foron trasladados polo 061 ao hospital Quirónsalud de Pontevedra, con feridas de caracter leve.
Así mesmo, os xestores do 112 solicitaron a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada.
Ademais de informar ao Servizo Sanitario de Urxencias de Galicia-061, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil da localidade.