O CIP de Mogor mantén a súa oferta diúrna e nocturna, con grupos reducidos, en agosto
Por Redacción
O Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor continuará ofrecendo durante o mes de agosto as súas visitas guiadas diúrnas e nocturnas. Trátase dunha das ofertas turísticas do Concello de Marín, de pequeno formato e en espazos naturais, ás que se suma o lago de Castiñeiras, a Finca de Briz ou os roteiros de sendeirismo.
En canto ao CIP, as visitas continúan este verán adaptadas ás condicións que impón a situación sanitaria provocada pola COVID19, de forma que ao interior do centro non pode acceder máis de cinco persoas e non é necesario reserva previa. Pódese visitar de martes a domingo en horarios de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Si hai que realizar reserva para facer os roteiros guiados. Neste caso os grupos son dun máximo de dez persoas. O horario das mesmas é ás 12.30 e ás 20.00 horas. No caso das visitas nocturnas, estas fanse unicamente os venres ás 22.30 horas. Trátase dunha oportunidade excelente para ver os gravados do labirinto, que poden resultar imperceptibles en condicións normais de luz.
As reservas pódense formalizar na seguinte dirección: petroglifos.mogor@gmail.com. O horario de verán do CIP prolongarase ata o 13 de setembro.
Relacionadas:
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor abrirá en Semana Santa
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán
Por Redacción |
-
O cinema de verán chega a Marín a partir do próximo venres
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volve recibir visitas este sábado
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor retomará a súa actividade o 13 de xuño
Por Redacción |
-
Marín volve presentar candidaturas para a Rede de Sendeiros Azuis
Por Redacción |