Esixen medidas efectivas para que os produtores de uva non paguen os pratos rotos da Covid19
Por Oskar Viéitez
Ás portas da vendima, o sindicato Unións Agrarias insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia "faga os deberes para que os produtores de uva non paguen as consecuencias da Covid19". Nas Rías Baixas a vendima se prevé abundante e deberá comezar en setembro.
Para isto reclaman a posta en marcha das medidas nas que levan tempo insistindo. O responsable de Agricultura de Unions Agrarias, José Ramón González lembra que, ata o momento, os viticultores galegos non contaron con axuda para paliar as consecuencias da crise sanitaria. Por iso insta ao goberno galego a non deixar pasar máis tempo e acondicionar as axudas ás adegas á recollida integral da colleita a prezos nunca inferiores aos da pasada campaña.
José Ramón González insiste na necesidade de impulsar contratos claros previos á vendima.
CONTRATACIÓNS
Mentres tanto os técnicos das adegas apuntan que a uva está xa no proceso de peche de acio, mesmo algunhas iniciaron xa o pintado, pero necesita urxentemente algo de choiva para poder rehidratarse e favorecer a súa maduración antes da vendima.
Á marxe dos traballos agrícolas o labor administrativo das adegas ocúpase estes días da contratación de xornaleiros, desde vendimadores ata carretilleiros.
Relacionadas:
-
Areeiro confirma que o estado das viñas é bo para adiantar a vendima
Por Redacción |
-
Unións Agrarias pide a convocatoria da Mesa do Viño en Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A Denominación Rías Baixas estima unha vendima de máis de 37 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |
-
Albariño Gundián, vencedor en la cata de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
Por Oskar Viéitez |