Arden unha autocaravana e dous coches aparcados en Bueu
Por Redacción
Ás 00:00 horas desta madrugada unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dunha autocaravana ardendo, na rúa Ramón Bares, no termo municipal de Bueu. Aseguraba que había mais coches ao redor. Neses intres, tamén contactaba co 112 Galicia a Policía Local, indicaban que estaban xa no punto, que non había persoas afectadas pero que se precisaban medios para extinguir o lume.
Aínda que non se tiña constancia de que houbese persoas afectadas, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron igualmente unha ambulancia ao punto. Así mesmo, foron avisados os Bombeiros do Morrazo e os efectivos de Protección Civil.
Finalmente, tras chegar ao lugar e constatar que ninguén resultara ferido, os Bombeiros extinguiron o lume na súa totalidade e confirmaron que arderan unha autocaravana e dous turismos.
Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.
Arde caravana en Bueu pic.twitter.com/J5xkBIPXyo
— chappyhour (@AChappyhours) August 1, 2020