Gundián, primeiro premio da Cata Concurso Rías Baixas Albariño da anada 2019
Por Oskar Viéitez
Os tres premiados da XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño da Anada 2019 déronse a coñecer este domingo en Salón Bazán do Parador de Cambados.
A Medalla de Ouro recaeu en Gundián (Adegas Valdes); a Medalla de Prata en Noelia Bebelia (Adega San Salvador de Soutomaior), a Medalla de Bronce foi para Pionero Macerato (Cooperativa Viña Almirante).
Esta edición da cata concurso, á que se presentaron 46 marcas, estivo marcada pola diversidade, ou sexa, a representación de tres subzonas diferentes da D.O. Rías Baixas no pódium dos mellores Albariños Rías Baixas da Anada 2019. O gañador foi un viño da subzona de Ribeira do Ulla, o segundo procede da subzona de Soutomaior que por primeira vez conta cunha marca entre os galardoados nesta Cata Concurso, e o terceiro recaeu na subzona do Salnés.
O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, quixo "enviar un mensaje de ánimo al sector de Rías Baixas. El buen trabajo realizado durante tantos años nos sirve de apoyo para seguir adelante. Y cuando todo esto pase, nuestro reto será ordenar el crecimiento al que nos va a llevar la alta demanda de nuestros vinos. Sin duda, ya lo verán, les vamos a sorprender muy pronto".
Pola súa banda o conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou "o apoio da Xunta de Galicia ao sector do viño" con medidas específicas como el "préstamo vendima para que as adegas poidan comprar a uva aos viticultores en condicións financieiras normais", explicou.
Finalmente, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, resaltou "a boa colaboración e coordinación que houbo entre o Consello Regulador e o Concello de Cambados", de feito, ambas as institucións xa asinaran previamente un convenio de colaboración.
Relacionadas:
-
Rías Baixas cualifica de Moi Boa a anada do 2019
Por Redacción |
-
Unións Agrarias pide a convocatoria da Mesa do Viño en Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A Denominación Rías Baixas estima unha vendima de máis de 37 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |
-
Esixen medidas efectivas para que os produtores de uva non paguen os pratos rotos da Covid19
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Cambados suspende a Festa do Albariño
Por Redacción |