Accidente de tráfico sen feridos na parroquia cambadesa de Corbillón
Por Oskar Viéitez
Os efectivos de Emerxencias de Cambados e a Policía Local informaron dun accidente de tráfico ocorrido este domingo na parroquia de Corbillón.
Tratouse dunha saída de vía dun turismo BMW que chocou contra un sinal.
Afortunadamente o sinistro non rexistrou danos persoais.
PEQUENO INCENDIO
Estas mesmas fontes tamén informaron dun incendio dun cadro eléctrico na avenida de Vilagarcía.
O contratempo deixou este domingo sen subministración a un bo número de usuarios.