A Denominación Rías Baixas estima unha vendima de máis de 37 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, estimaba este domingo que a vendima deste ano recollerá máis de 37 millóns de quilos de uva, un 15% máis que o pasado ano.
A cantidade final estará condicionada polas condicións meteorolóxicas "especialmente si llueve o no".
Na súa intervención durante a lectura do fallo dos premios da cata concurso do albariño, Gil de Araujo insistiu en que "el buen trabajo realizado durante tantos años nos sirve de apoyo para seguir adelante. Cuando todo esto pase, nuestro reto será ordenar el crecimiento al que nos va a llevar la alta demanda de nuestros vinos".
Nunha mensaxe positiva o presidente do Consello Regulador asegurou que "ni hubo cierres masivos de bodegas, ni caída de precios, ni la uva va a quedar en las parras". E augurou que "va a haber una alta demanda de nuestros vinos, les vamos a sorprender muy pronto".
A previsión desta Denominación de Orixe é iniciar a colleita en setembro por iso, xunto á contratación de temporeros, deséñanse os protocolos anticovid. Esta D.O. conta con 180 adegas e 6.000 viticultores, e durante a vendima chegan a traballar máis de 8.000 persoas.
Basicamente, ás xa coñecidas medidas de protección preténdese dividir o traballo en pequenos equipos conformados sempre polas mesmas persoas para poder limitar un posible contaxio.
Por leste mesmo motivo na adega non se poderá baixar dos vehículos ao entregar a uva, nin ter contacto directo cos traballadores.
Ademais, as grandes cooperativas realizarán antes da vendima probas de Covid-19 a todos os seus traballadores.
Relacionadas:
-
Rías Baixas cualifica de Moi Boa a anada do 2019
Por Redacción |
-
Areeiro confirma que o estado das viñas é bo para adiantar a vendima
Por Redacción |
-
Unións Agrarias pide a convocatoria da Mesa do Viño en Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Albariño Gundián, vencedor en la cata de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Esixen medidas efectivas para que os produtores de uva non paguen os pratos rotos da Covid19
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
Por Oskar Viéitez |