Pontevedra non quere ser a "pagafantas" e esixe á Xunta que asuma o custo das limpezas pola covid nos colexios
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra estima en 928.261 euros o sobrecusto en limpezas extraordinarias nos colexios como consecuencia da aplicación do protocolo da Xunta pola covid-19. Esta cantidade non inclúe o gasto correspondente ás limpezas ordinarias.
Este luns na Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra acordou este esixir á Concellería de Educación que asuma este custo.
O concelleiro de Educación, Tino Fernández pediu á Xunta "que deixe de utilizar aos concellos como pagafantas, que falen con nós a coa Fegamp", xa que entende que este protocolo decidiuse "de forma unilateral, sen falar con ninguén nin consultar con ninguén".
Tino Fernández compareceu este luns en rolda de prensa xunto coa concelleira Carme da Silva para expresar o apoio do Goberno local ás reivindicacións da Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa) respecto ao servizo de comedor escolar e o Plan Madruga, solicitando á Administración autonómica que tamén sente a dialogar coas familias.
Carme da Silva lembrou que os concellos carecen de competencias tanto en educación como en sanidade e que, por tanto, as limpezas extraordinarias dos centros debido ao coronavirus corresponden á Xunta.
"A Xunta vai recibir fondos, non é lóxico que diga que as ANPA son operadores educativos e que vos concellos teñen que asumir ou sobrecusto", asegurou a edil nacionalista. " Non pode eludir as súas responsabilidades e botar balóns fóra", engadiu Tino Fernández.
Relacionadas:
-
A Consellería analiza a volta ás aulas no colexio de Campolongo e na escola infantil Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez |
-
A Fanpa abrirá o 10 de agosto o prazo para a inscrición nos comedores escolares
Por Redacción |
-
As federacións de ANPAS emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores escolares
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Feijóo lamenta as "ameazas" da Fanpa e recoméndalles un "baño de realismo" ante a Covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A Fanpa deixará de xestionar os comedores escolares e o Plan Madruga pola imposibilidade de cumprir o protocolo da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Todo o personal educativo será testado da COVID-19 antes do inicio do curso
Por Redacción |