Vaipolorío convoca a segunda xornada de limpeza do río Gafos
Por Oskar Viéitez
A asociación ecoloxista ten previsto o vindeiro domingo 9 de agosto unha nova xornada de traballo da 20ª Campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos
Toda unha acción clásica do colectivo ecoloxista que non se ve freada polo coronavirus, aínda que si se adaptará para garantir a seguridade dos participantes.
Vaipolorío pide ás persoas interesadas en participar na limpeza dos fondos do Gafos e a súa contorna que contacten previamente coa asociación co obxectivo de poder organizar grupos e limitar así o contacto entre os participantes.
O teléfono de contacto é o 676 842 942. O punto de encontro é o inicio do sendeiro rural na rúa Otero Pedrayo ás 10 da mañá.
Relacionadas:
-
Vaipolorío denuncia a aparición dunha trampa ilegal para troitas no río Gafos
Por Redacción |
-
Centos de peixes morren no río Gafos debido á vertedura causada pola obstrución dun sumidoiro
Por Anxo Lourido |
-
Desfanse dun colchón lanzándoo ao río dos Gafos
Por Redacción |
-
A Covid non frea a campaña anual de Vaipolorío para limpar a contorna do Gafos
Por Redacción |