Desfanse dun colchón lanzándoo ao río dos Gafos
Por Redacción
Sorprendidos e enfadados quedáronse os integrantes da asociación ecoloxista Vaipolorío cando este mércores 5 atopábanse cun colchón no leito do río dos Gafos, no lugar de Ponte Boleira.
Algún desaprensivo decidiu desfacerse deste residuo voluminoso lanzándoo ás augas do río nesta contorna natural ao seu paso polo centro urbano. Os representantes de Vaipolorío sinalan que este tipo de material precisa dun tratamento específico para a súa retirada. Por este motivo, puxéronse en contacto co Concello de Pontevedra para que unha brigada de operarios retire o colchón para trasladalo a un punto limpo onde deberá ser tratado como corresponde.
Desde a asociación lamentan estas condutas individuais incívicas que embazan as actuacións responsables da sociedade pontevedresa. Vaipolorío precisamente estivo a traballar en tarefas de limpeza en leste mesmo tramo, que se atopa situado entre a rúa Alcalde Hevia e a Estación de autobuses, durante o domingo.
O colectivo que preside Gonzalo Sancho lamenta estes comportamentos insalubres e denunciables, ao entender que evitan a limpeza definitiva do Gafos. Vaipolorío anima á cidadanía a participar nunha nova xornada de limpeza este domingo 9 de agosto dentro da campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos. As persoas que queiran colaborar poden poñerse en contacto coa asociación a través do teléfono 676.842.942. O punto de encontro será no inicio da senda na Rúa Otero Pedrayo ás 10.00 horas.
Relacionadas:
-
A metade dun coche, o sorprendente descubrimento de Vaipolorío preto do Gafos
Por María José Pita |
-
Nova convocatoria de paseo polo tramo soterrado do río dos Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío conclúe a súa campaña de limpeza no Gafos coa recollida de 80 quilos de residuos
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia a aparición dunha trampa ilegal para troitas no río Gafos
Por Redacción |
-
Centos de peixes morren no río Gafos debido á vertedura causada pola obstrución dun sumidoiro
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío convoca a segunda xornada de limpeza do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
A Covid non frea a campaña anual de Vaipolorío para limpar a contorna do Gafos
Por Redacción |