As 'Noites de Terraza' de Ponte Caldelas traen esta semana cinema, flamenco e humor
Por Redacción
Este xoves 6 de agosto continúa a programación estival de 'Noites de Terraza' en Ponte Caldelas. Unha iniciativa do Concello que se ofrece mantendo as medidas hixiénico sanitarias que require a situación actual co pertinente distanciamento entre persoas e o uso obrigatorio de máscara. Estas actuacións teñen lugar xunto ao río Verdugo, no espazo que conforman a Praza de España e a Alameda.
As propostas comezan coa proxección da película 'O mellor verán da miña vida', este mesmo xoves a partir das 22.00 horas. Para o venres, ás 21.00 horas, a compañía Píscore ofrecerá o espectáculo 'Concerto singular' no que se combina a música e o humor. O sábado, tamén ás 21.00 horas, subirán ao escenario María Rial acompañada de 'Tony e o Primo'. Trátase dunha actuación de música e baile flamenco.
E para o domingo, a oferta cultural chega ao mediodía coas sesións vermú que neste caso amenizará a Banda Unión Musical de Meaño.
Ademais destas actuacións culturais, veciños e visitantes tamén poden degustar tapas con 'Caldelas Tapas' desde o venres 7 ás 20.30 horas. Ata doce establecementos de hostalería e restauración do municipio participan da iniciativa que ofrecen tapeos de petiscos variados por 1,50 euros.
Relacionadas:
-
Programa especial en substitución das 'Festas dos Dolores' de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os Coribantes de Buchabade presentaron disco e máscara ante o público de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A praia fluvial de Ponte Caldelas xa loce a bandeira azul e está adaptada ás esixencias da Covid-19
Por |
-
Doce locais participarán no Caldelas Tapas 2020
Por Redacción |