Lamentan que o Concello de Poio volva "contraprogramar" o Armadiña Rock
Por Redacción
A Armadiña Asociación Cultural, Deportiva e Ambiental emitiu un comunicado de protesta ante o que consideran unha "contraprogramación" por parte do Concello de Poio ás actividades que ten previsto realizar este colectivo durante os días 23 e 24 de agosto, datas nas que estaba prevista a organización do festival Armadiña Rock.
Segundo explican na programación de 'Reinicia Verán en Poio' se observa unha influencia da asociación Armadiña, pero acusan á Concellería de Festexos de realizar unha programación alternativa á súa na que están a traballar.
Indican que a situación sanitaria non permitirá realizar o Armadiña Rock normal, pero están a elaborar actividades complementarias e seguras para que a cidadanía poida gozar durante esas datas de propostas culturais. Sinalan que esta propostas foron trasladadas ao Concello o 12 de xuño solicitando unha subvención para as actividades lúdicas.
Acusan o concelleiro responsable de festas, Xosé Luís Martínez, de estar "desaparecido" e de non ofrecer información clara sobre as medidas sanitarias para realizar eventos en Poio. Ante esta situación, anuncian que tentarán poñerse en contacto de maneira directa co alcalde Luciano Sobral para tratar estes temas.
Lembran que xa en 2019 a programación da Festa do Mar solapaba con actividades típicas do Armadiña Rock coincidindo horarios de iniciativas culturais na contorna de Combarro.
Nesta ocasión no programa festivo de Poio recóllese a actuación do contador de historias Quico Cadaval e da narradora Bea Campos o 23 de agosto na Praza da Chousa de Combarro.
Relacionadas:
-
A cara máis mariñeira de Combarro volverá amosarse durante as datas do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock chega en banda deseñada para revivir o festival de todos os veráns
Por Oskar Viéitez |
-
O Armadiña Rock adíase ata 2021 pero busca fórmulas alternativas para este verán
Por Redacción |
-
Armadiña Rock 2020 xa ten datas: do 21 ao 23 de agosto
Por Redacción |