Agrávase a situación en Pontevedra con once novos contaxios
Por Oskar Viéitez
Once contaxios novos reportou este xoves o Sergas na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Todos eles permanecen asintomáticos ou leves nos seus domicilios.
Mantense un paciente COVID hospitalizado en planta do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Respecto ao día de onte curáronse 5 pacientes máis situando o total de persoas curadas en 925 desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19. En total son 41 casos activos.
En toda Galicia, a Xunta informa de 53 novos contagios e 38 altas nas últimas 24 horas. Así este xoves rexístranse 412 casos activos.
Pontevedra é a área sanitaria que máis crece hoxe en Galicia a pesar de que non se declarou na zona ningún brote. É dicir, a Xunta non logrou establecer a conexión entre 3 ou máis casos.