Canda cuestiona as consecuencias na Lama de poñer ao dispor do Goberno os remanentes de tesourería
Por Redacción
O alcalde da Lama, o popular Jorge Canda, manifestouse sobre as consecuencias que para o municipio da Lama terá o decreto lei resultado do acordo entre Goberno e FEMP que pon a disposición do Executivo os remantentes de tesourería dos concellos.
Así mostra a súa preocupación ante o que considera é "a decisión do Goberno de incautarse do remanente de tesourería dos Concellos" que no caso da Lama tradúcese no impedimento para levar a cabo obras por un importe de 150.000 euros e que se contemplaba executar "grazas aos aforros e a boa xestión realizados polo grupo de goberno".
Detallando esa previsión, alude á renovación da rede de abastecemento de auga en Cernedo; o ensanche da rodadura en Arelo- Xesta e A Barcia; a instalación de abastecemento de auga en Fentosa-Seixido; a drenaxe e pavimentación de Eido de Abaixo e Verducido; así como gastos sobrevindos pola pandemia da COVID19. Todas estas previsións "están agora na corda frouxa por unha decisión arbitraria do Goberno central para atender os descuadres orzamentarios das políticas erráticas"
Canda tamén cualifica a medida adoptada polo Goberno de "deslealdade e atentado claro á autonomía financeira da administración local e un claro ataque á liña de flotación dos pequenos e modestos concellos que nos esforzamos en cumprir coa regra de gasto".
Relacionadas:
-
A Lama inicia accións legais contra un veciño que acumula lixo na rúa
Por Redacción |
-
O Concello da Lama converterá en vivendas sociais as antigas casas dos mestres
Por Redacción |
-
A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Ultimato da Lama a Urbaser para que actúe ante o "desborde" do punto limpo
Por Redacción |