O brote de Caldas suma 12 contaxios e mantén seguimento sobre 15 máis
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Consellería de Sanidade confirma a existencia do brote de coronavirus de Caldas de Reis, no que hai 12 casos confirmados, todos eles illados e ningún hospitalizado no hospital.
A orixe do brote é un traballador do porto de Vilagarcía que reside en Caldas e contaxiou a varios membros da súa mesma familia. Trátase dunha familia de orixe estranxeira, aínda que leva xa tempo vivindo na localidade, que reside en dous edificios da zona do Campo da Torre.
Unha das persoas desa familia traballa de axudante de cociña nun restaurante de Caldas que, tras detectarse o positivo o pasado luns, decidiuse o peche do establecemento. Fíxose as probas a outros traballadores do establecemento e todos deron negativo e a persoa contaxiada non adoitaba ter contacto directo cos clientes, pero, a pesar de todo, decidiuse manter o peche.
Fuentes do servizo de Epidemiolozía na Xefatura Territorial de Sanidade sinalan que o servizo de Alertas Epidemiolóxicas mantén seguimento a outros 15 contactos destes 12 casos confirmados.
Sanidade decretou o illamento e a corentena de todos os afectados. Para controlar que cumpre, a Policía Local de Caldas de Reis está a colaborar e realiza tarefas de vixilancia nas que controlan que estas persoas non saian dos seus domicilios e piden colaboración cidadá para que axuden neste control.
O Concello de Caldas fixo este venres un chamamento á tranquilidade e apela "á prudencia e á responsabilidade" de toda a cidadanía ante o brote, asegurando que a situación "está sendo controlada de maneira escrupulosa e baixo todas as medidas establecidas nos protocolos de seguimento polas autoridades sanitarias".
Así indican que o persoal sanitario realizan diariamente numerosas probas PCR e o Concello lembra que se algunha persoa detecta síntomas ou constancia de que estivo nun contacto de risco debe permanecer no seu fogar e contactar de maneira inmediata co centro de saúde, onde se lle indicará o protocolo a seguir.
O Concello de Caldas de Reis permanece a disposición das autoridades sanitarias e puxo a disposición dos afectados os servizos municipais que poidan precisar nesta difícil situación.
Desde a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés indican que o equipo de rastreadores e epidemiologos que se atopa de servizo permanente estes días insiste no rogo de que "se lles deixe traballar" e non farán declaracións aos medios de comunicación ata o 17 de agosto.
A pesar destes 12 casos confirmados en Caldas, desde o area sanitaria de Pontevedra e O Salnés confirman que este venres tan só hai dous casos activos máis que o xoves, de modo que os contaxios de Caldas de Reis xa se foron sumando ás estatísticas durante os días previos da semana. Oficialmente, o brote non se recoñeceu ata este venres.
En total, este venres hai 43 casos activos fronte aos 41 do xoves. Deles, 42 están en seguimento domiciliario e un atópase hospitalizado en planta do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Non hai ningún paciente no Hospital do Salnés nin en QuirónSalud Miguel Domínguez e tampouco en área de coidados críticos.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 925 pacientes, ningún nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 444. Deles, 177 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 34 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 78 da área de Vigo, 35 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 260.785.
Relacionadas:
-
O gromo de coronavirus de Caldas, contido e sen novos positivos desde o xoves
Por Natalia Puga |
-
Pequeno respiro na área sanitaria cun caso activo menos de coronavirus este domingo
Por Natalia Puga |
-
Positivo por Covid-19 do porteiro do Moncloa: "no hay que alarmar a la gente"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Dous pacientes hospitalizados e 42 en seguimento domiciliario, balance do coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Catro das persoas da empresa Mochi en corentena dan negativo en coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Illan a varios membros dunha mesma familia por un posible brote de coronavirus en Caldas
Por Redacción |