Dous pacientes hospitalizados e 42 en seguimento domiciliario, balance do coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga
Dous pacientes con coronavirus permanecen hospitalizados e outros 42 atópanse en seguimento domiciliario tras dar positivo na proba de Covid-19. Este é o balance da incidencia da enfermidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés este sábado 8 de agosto.
Segundo o último balance oficial, os dous pacientes hospitalizados atópanse ingresados en planta, un no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e outro no Hospital do Salnés.
O o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez non hai ningún paciente e tampouco en área de coidados críticos.
Desta forma, en total hai 44 casos activos na área sanitaria, un máis que o venres. Nas últimas 24 horas non se curaron ningún paciente e desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 925 e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.
Este sábado non hai ningunha novidade no brote de coronavirus detectado en Caldas de Reis. Desta forma, hai 12 contaxios confirmados, todos illados e ningún hospitalizado.
Ademais, o servizo de Alertas Epidemiolóxicas mantén seguimento a outros 15 contactos destes 12 casos e a Policía Local de Caldas de Reis está a colaborar e vixiando o cumprimento do illamento e corentena.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 533, 89 máis que os 444 contabilizados o venres. Deles, 246 son da área da Coruña, 79 da de Lugo, 37 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 262.510.
Relacionadas:
-
Pequeno respiro na área sanitaria cun caso activo menos de coronavirus este domingo
Por Natalia Puga |
-
Positivo por Covid-19 do porteiro do Moncloa: "no hay que alarmar a la gente"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O brote de Caldas suma 12 contaxios e mantén seguimento sobre 15 máis
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Illan a varios membros dunha mesma familia por un posible brote de coronavirus en Caldas
Por Redacción |