Vaipolorío denuncia a aparición dunha trampa ilegal para troitas no río Gafos
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío realizou este domingo, 9 de agosto, unha nova xornada de traballo perteniente á 20ª Campaña de limpeza do río Gafos.
Para iso, un total de 21 persoas concentráronse a partir das 10:00 horas no inicio do carreiro rural da rúa Otero Pedrayo para comezar a recollida de lixo.
Desde Vaipolorío informaron que recolleron un total de 170 quilos de lixo e denuncian a aparición dunha trampa ilegal para peces que atopou un dos voluntarios. Segundo explicou a asociación, trátase dun tipo de ferramenta utilizada para pescar lampresa. Aínda que no río Gafos está permitida a pesca deportiva, esta rematou o 31 de xullo, polo que "apunta a algún furtivo que aproveitando un recuncho pouco accesible, puxo alí a trampa para pescar de xeito ilegal".
Entre os obxectos recolleitos atopáronse varias persianas, unha roda de coche co seu disco e moito plásticos pero, diferenza da primeira xornada, non había ningunha máscara.
A seguinte xornada de limpeza será o vindeiro domingo 16 de agosto, e todo aquel que queira participar na limpeza poderá inscribirse, antes de cada sábado, a través do teléfono 676 842 942.
Relacionadas:
-
Vaipolorío conclúe a súa campaña de limpeza no Gafos coa recollida de 80 quilos de residuos
Por Redacción |
-
Centos de peixes morren no río Gafos debido á vertedura causada pola obstrución dun sumidoiro
Por Anxo Lourido |
-
Desfanse dun colchón lanzándoo ao río dos Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío convoca a segunda xornada de limpeza do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
A Covid non frea a campaña anual de Vaipolorío para limpar a contorna do Gafos
Por Redacción |