E cinco anos despois, Seixo celebrou o seu mercadillo
Por Redacción
Roupa para muller, calzado, enxoval de fogar, teas, plantas, produtos ornamentais... así ata dezasete postos de venda ambulante instaláronse este luns 10 de agosto na Alameda da Casa da Cultura de Seixo, en Marín. Con esta estampa o mercadillo regresaba á parroquia marinense despois de cinco anos de ausencia.
Esta actividade comercial contou cun gran ambiente de público "comparado co que se pode ver na parroquia outros días" e segundo sinalaban os propios vendedores. Unha actividade que a partir de agora terá carácter semanal, todos os luns, e que se retomou tras a petición que fixo a asociación de comerciantes ACEMAS ao Concello.
A propia asociación tamén se mostraba satisfeita pola acollida que tivo a iniciativa, que repercutiu non só entre os ambulantes, senón tamén entre os establecementos de hostalería e comercios da parroquia. Este era o obxectivo que se pretendía coa proposta realizada á administración local e que se incluíu no Plan de Reactivación Local do Comercio para paliar os efectos económicos da pandemia provocada polo coronavirus.
Para o vindeiro luns anímase a todos os veciños e visitantes a que se acheguen ata o mercadillo para seguir dinamizando económica e socialmente a parroquia de Seixo, tal e como resultou neste regreso.
Relacionadas:
-
Seixo recupera o seu mercado ambulante este luns
Por Redacción |
-
O Pleno de Marín aproba o Plan de reactivación do comercio local
Por Redacción |
-
O Concello de Marín analiza co sector comercial e hostaleiro medidas para reactivar a actividade e o consumo
Por Redacción |
-
Flores, plantas, froitas e verduras volven ao mercado ambulante de Marín este próximo xoves
Por Redacción |