Unha turista despistada irrompe co coche na pasarela de madeira de Baltar
Por Oskar Viéitez
A pasarela de madeira que percorre a praia de Baltar, en Portonovo, recibiu este luns unha inesperada visita. Unha turista despistada irrumpiu co seu coche polo entarimado instalado sobre as dunas diante do pasmo das persoas que por alí paseaban.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o suceso tivo lugar este mediodía.
A condutora enfróntase a unha sanción grave por condución temeraria que podería ascender a 500 euros e a retirada de 6 puntos do carné de conducir.
Estas mesmas fontes tamén apuntan que a condutora se coou no paseo por descoido.