Defensa recruta a 44 pontevedreses aspirantes a Tropa e Mariñeiría Profesional
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Defensa pechou o primeiro ciclo do proceso selectivo 2020 para o ingreso como Militar Profesional da Escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, con gran afluencia de peticións na provincia de Pontevedra.
Para este primeiro ciclo, recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa na nosa provincia 250 solicitudes (208 homes e 42 mulleres) para tomar parte no proceso. Finalizado o mesmo, 44 pontevedreses obtiveron praza. Igualmente foron seleccionadas 22 persoas procedentes da provincia de Ourense, que fan un total de 59 homes e 7 mulleres. Deles, 51 irán a unidades do Exército de Terra, 11 á Armada e 4 ao Exército do Aire.
Este proceso iniciouse en febreiro do presente ano e quedara temporalmente interrompido o pasado mes de marzo debido á declaración do estado de alarma pola crise sanitaria provocada polo Covid-19.
A mediados de xuño, e tras adoptar as medidas de seguridade pertinentes, retomouse finalizando o mesmo o 31 de xullo sen incidencias. Neste ano 2020 o Ministerio de Defensa prevé o anuncio dun novo ciclo de selección para o próximo mes de setembro.
As Forzas Armadas proporcionan unha saída profesional, onde se poden continuar os estudos, xa que se obteñen Títulos do Sistema Educativo Xeral (De Grao e de Técnico Superior), e tense a posibilidade de proxección tendo en conta que se reservan moitas prazas de promoción interna.
Relacionadas:
-
Defensa oferta 3.500 prazas para alistarse nas Forzas Armadas como militar de tropa e mariñeiría
Por Redacción |
-
A Escola Naval celebra a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Brilat volverá aos montes galegos o 15 de agosto e a UME, o 1
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Javier Losada pon en valor a actuación da Brilat durante a crise sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Reactivan a selección para cubrir 3.650 prazas para militares de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas
Por Redacción |