A cara máis mariñeira de Combarro volverá amosarse durante as datas do Armadiña Rock
Por Redacción
A ACDeM Armadiña avanza que, a pesar dos condicionantes que marca a presenza da Covid-19, este verán celebrarase o quinto concurso de decoración mariñeira no Recinto Histórico de Combarro durante o marco previsto para o Festival Armadiña Rock.
A participación está aberta a todos os exteriores dos inmobles deste espazo turístico situado no municipio de Poio. A intención é que balcóns, galerías e terrazas mostren a súa imaxe máis tradicional en relación coa actividade mariñeira. Desta forma, a organización quere poñer en valor os beneficios ambientais e sociais da recuperación deses espazos das vivendas dentro dunha proposta de revitalización da cultura e a tradición do país.
Para participar é necesario inscribirse a través dun documento que a ACDeM publica nas súas redes sociais. Os participantes deberán ter ornamentada a súa fachada desde o día 20 de agosto ás 21.00 horas ata as 14.00 horas do domingo 23. Os adornos poden consistir en plantas preferiblemente autóctonas, ademais de elementos tradicionais relacionados coa cultura do mar e agrícola como nasas, redes, millo ou cestos artesanais.
Os premios serán de 150, 100 e 50 euros para as mellores presentacións. Diferentes asociacións como A Reiboa, A Solaina e Mare Podium formarán parte do xurado que avaliará xunto aos integrantes de ACDeM Armadiña as iniicativas decorativas. O concurso conta co apoio do Concello de Poio.
Relacionadas:
-
Un grupo de xente moza de Combarro crea unha canle de entrevistas audiovisuais
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock muda o formato e substitúe a súa edición 2020 por unha pioneira publicación de banda deseñada
Por Redacción |
-
Poio lanza un concurso fotográfico para presumir de avós nas redes sociais
Por Redacción |
-
Abre a mostra fotográfica sobre Combarro coa ollada de Paula Andrés e Adrián Porima
Por Redacción |
-
Lamentan que o Concello de Poio volva "contraprogramar" o Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock chega en banda deseñada para revivir o festival de todos os veráns
Por Oskar Viéitez |
-
O Armadiña Rock adíase ata 2021 pero busca fórmulas alternativas para este verán
Por Redacción |