A poboación infantil, protagonista das festas da Peregrina día tras día
Por Redacción & Cristina Saiz
A programación festiva organizada polo Concello de Pontevedra para a semana grande das festas da Peregrina está a ter unha grande aceptación entre todos os públicos e de xeito especial entre a programación infantil. Día tras día, as actividades pensadas para o público máis novo espertan interese, en especial arredor de dous ciclos, 'Ven Trebellar nas Peregrinas' e 'Pontevedra máxica'.
Este martes 11, de novo, 'Ven Trebellar nas Peregrinas' volveu ser un éxito nas súas dúas citas. Ás sete e media, a Alameda, encheuse co espectáculo 'Un libro especial' de Expresión e as oito da tarde na praza da Cítara sucedeu o mesmo con 'O fifo de Sou'.
A programación completouse coa oferta de lecer de 'Xeiras das artes', que ofreceu actividades de narración, música e ilustración na praza da Curtidoira con 'A Banda da Moureira' e nos xardíns de María Victoria Moreno ofertou o dobre programa Zeltia (música) + Anubis Muñoz (instalación).
O ciclo 'Pontevedra Máxica' tivo como protagonista ao ilusionista pontevedrés Pedro Volta, que fixo un pase dobre do seu espectáculo 'A maxia de Pedro Volta' na praza da Pedreira ás oito e media e as dez e media da noite.
Este mércores, a programación continúa. Dentro de 'Ven Trebellar nas Peregrinas' ás 19.30 horas a Alameda acollerá 'Con fusión' de Píscore e ás 20.00 horas a praza da Cítara, 'Bailando con contos', de Baobab Teatro.
As 'Xeiras das Artes' serán ás 20.00 horas Tamara Andrés (poesía) + Neves Seara (performance) na praza da Curtidoira e ás 21.30 horas Bea Campos (narración) + Antía Iglesias (ilustración) nos xardíns de María Victoria Moreno.
Dentro de 'Pontevedra Máxica' actuarán na praza da Pedreira ás 20.30 Fran Rei con 'A historia de Brancaflor' e ás 22.30, o mago Teto con 'O Afiador'.
Relacionadas:
-
Última fin de semana para gozar dunhas intensas pero contidas festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A Pontevedra máis máxica convence a público de todas as idades
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Maxia, música, teatro, arte... e moito máis para que os máis pequenos tamén vivan as festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As Festas de Verán estrean programación infantil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As festas de Pontevedra ofrecerán máis de 300 actividades para "volver a vivir a cidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |