O PP analiza a ordenanza de mobilidade con colectivos ciclistas, asociacións profesionais e usuarios de VPM
Por Redacción
O PP de Pontevedra abriu este mércores unha serie de encontros con axentes sociais, colectivos ciclistas, asociacións profesionais e usuarios de vehículos de mobilidade persoal (VMP) para abordar a nova Ordenanza de Mobilidade e Utilización dos Espazos Públicos do Concello de Pontevedra elaborada polo Goberno municipal e que irá ao próximo Pleno da Corporación coa idea de que entre en vigor en outubro.
O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro Pablo Fernández, abriron estas reunións cun encontro co presidente de Amizade, Paulo Fontán, para abordar o apartado da ordenanza relativo ás persoas con discapacidade. Este colectivo xa denunciou que a nova ordenanza discrimina as personas con mobilidade reducida.
Neste ámbito, critican o "desinterese" do Concello á hora de incluír unha limitación temporal para o uso das prazas de estacionamento reservadas a persoas con mobilidade reducida e cren que esta situación non vai "en consonancia cun modelo de cidade que di promulgar coa accesibilidade".
O PP considera que se trata dunha ordenanza "discriminatoria" e que non se tivo en conta aos colectivos afectados e critica que a forma de traballar do BNG e do PSOE é "impoñer sen escoitar".
"É unha pena que un proceso que debería ser de participación social non se conte coa cidadanía", lamentan os concelleiros do PP, que aseguran que toda alegación presentada foi desatendida.
Ademais, cuestionan que esta ordenanza non é sostible e penaliza os transportes responsables co medio ambiente. Así, Pablo Fernández mantén que se Pontevedra non conta cunha infraestrutura ciclista, "agora restrínxese aínda máis a utilización deste medio de transporte".
Domínguez e Fernández xa avanzaron que esta ordenanza ten que cambiar moito para ter o seu apoio no Pleno.
Relacionadas:
-
O PP aborda con Pedaladas a nova ordenanza de mobilidade que consideran "inmovilista e insuficiente"
Por Redacción |
-
Unha ducia de entidades secundan a postura crítica coa ordenanza de mobilidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade pide ao Concello a retirada da ordenanza de mobilidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Amizade denuncia que a nova ordenanza discrimina ás persoas con mobilidade reducida
Por Redacción |
-
En outubro entrará en vigor a nova ordenanza de mobilidade, que inclúe os patinetes eléctricos
Por Oskar Viéitez |