Cerdedo-Cotobade e A Lama reforzan os servizos de atención ao cidadán con alumnos do Taller de Emprego
Por Redacción
As doce persoas que forman parte como alumnos-traballadores do Taller de Emplero Lérez-Verdugo II nos Concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama están a prestar atención á cidadanía á vez que adquiren coñecementos en operacións auxiliares de servizos xerais e administrativos.
A iniciativa, promocionada por ambas as administracións locais e financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece unha especialidade de operacións auxiliares de servizos administrativos de forma que reciben unha formación dual, compatibilizando a aprendizaxe coa presentación de servizos de utilidade pública.
Desde o pasado mes de xullo, están a realizar traballos de auxiliar de oficina nas dependencias municipais de ambos os Concellos, de auxiliar de arquivo nas bibliotecas de Carballedo, Cerdedo e A Lama, así como prestar atención na aula de informática de Cercedo-Cotobade. Ademais de mellorar a súa formación e futura empregabilidade, permítese reforzar a atención ao cidadán durante a tempada estival, cando boa parte do funcionariado e persoal laboral dos Concellos está de vacacións.
Ademais destas doce persoas, outras oito cursan atención sociosanitaria en institucións sociais. Todos eles, unha vez concluído o Taller, que comezou en decembro, recibirán un certificado de profesionalidade. A iniciativa conta cunha achega económica da Xunta de 336.000 euros.