A Policía Local de Poio contará cun radar Veloláser
Por Oskar Viéitez
O equipo de medición de velocidade Veloláser formará parte do material de traballo da Policía Local de Poio. Os integrantes do corpo de seguridade municipal participaron nun curso de formación impartido por técnicos en radares.
Segundo explican desde a Xefatura da Policía Local, o Veloláser é moi versátil xa que se pode equipar nunha moto, no coche ou instalar nun trípode.
Ademais este radar tamén ten un lector de placas de matrículas.
Espérase que a súa incorporación axude a reducir os accidentes de circulación no municipio de Poio.
Con esta formación recibida os axentes municipais tratan de dar resposta a varias peticións da cidadanía que demandaban que se puxese un radar en varios puntos do concello.