Alertan da presenza dunha vertedura xunto á ponte do Burgo
Por Redacción
Persoas que durante a tarde deste mércores 12 paseaban pola contorna da recentemente reformada ponte do Burgo sorprendíanse ante a presenza dun líquido marrón que caía por unha das tubaxes que verten cara ao río Lérez.
O líquido fluía desde un punto situado nas proximidades da gasolineira do Burgo deixando unha mancha que, segundo as testemuñas, polo seu aspecto parecía de augas fecais.
En maio tamén se produciu unha situación preocupante ao aparecer centenares de peixes mortos nas beiras da desembocadura do río Lérez ao longo de toda unha semana, que provocara a preocupación da veciñanza do Burgo e de numerosos pontevedreses que paseaban por Beiramar.
Os analisis realizados entón por técnicos do Seprona concluíron que a morte destes peixes debíase á repentina baixada da salinidade da auga.