O BNG de Caldas acusa á Xunta de "temeraria e irresponsable" polo seu silencio ante o estado do encoro do Umia
Por Redacción
O BNG de Caldas de Reis alerta da floración de cianobacterias no encoro do Umia, o que está a provocar que a cor verde tinga estas augas e contamine paraxes como a fervenza de Segade ou o propio río ao seu paso polo centro urbano do municipio.
Ante a presenza destas bacterias, a formación política denuncia que non hai información que advirta desta circunstancia, máxime cando lugares como a citada fervenza de Segade está a ser un lugar escollido para aliviar as temperaturas estivais "sen que se observe ningún tipo de sinalización que advirta aos bañistas sobre a calidade das augas, nin da presenza das cianobacterias, nin do perigo que as mesmas representan para a súa saúde".
O portavoz municipal do BNG en Caldas, Manuel Fariña, acusa á Xunta de "converter o gran río de Caldas nun problema de saúde pública e nun camposanto de fondos públicos; e lonxe de reparar o dano causado, o goberno de Feijóo está a actuar de forma temeraria e irresponsable".
A presenza de cianobacterias é unha tesitura que se reproduce cada ano na tempada estival en maior grao. Esta mesma semana, Veciñanza de Cuntis denunciaba a afectación do río ao seu paso por este municipio.
Relacionadas:
-
Nova compensación para Caldas, Cuntis e Moraña pola explotación do encoro do Umia
Por Redacción |
-
Caldas, Cuntis e Moraña reciben 392.000 euros do canon de explotación do embalse do Umia
Por Redacción |
-
Caldas ten as súas augas de abastecemento libres de cianobacterias
Por Redacción |
-
Culpan ao "desleixo" das administracións do "deplorable" estado do encoro do Umia
Por Oskar Viéitez |
-
A USC estudará a incidencia das cianobacterias do encoro no proceso de potabilización da auga de Caldas
Por Redacción |
-
O BNG denunciará ante a Unión Europea o estado do encoro do Umia
Por Redacción |