Retiran nun mes un cento de niños de avespas velutinas en Ponte Caldelas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Ponte Caldelas indica que desde que unha empresa especializada comezou en xullo a encargarse do servizo de retirada de niños de avespas velutinas se realizaron case un centenar de actuacións para atender as demandas veciñais #ante a presenza destes insectos.
Segundo sinalan desde o goberno local, as casuísticas das intervencións son variadas. As velutinas chegan a aniñar en lugares moi diversos, tanto ao aire libre como no interior das vivendas. Un dos últimos casos rexístrase nunha vivenda onde a familia ten que abandonar a vivenda durante uns días porque a empresa precisa fumigar o domicilio. As velutinas instalaron o seu niño no interior da cheminea da vivenda e os técnicos sinala que non é posible retiralo.
Noutro caso foi necesaria a intervención dun carpinteiro porque o niño atopábase situado no falso teito da vivenda. Segundo o alcalde Andrés Díaz está a actuarse con rapidez e eficacia con medidas personalizadas para cada unha das situacións.
O Concello de Ponte Caldelas decidiu, segundo indica o alcalde, contratar esta empresa especializada en pragas ante as queixas veciñais polo mal funcionamento do servizo da Xunta. Segundo explica, pesa a que os veciños chamaban ao 012, desde a administración autonómica non se retiraban os niños nin se lles ofrecían solucións.
Aqueles veciños que precisen axuda ante a presenza das avespas velutinas poden contactar co Concello de Ponte Caldelas a través do teléfono 986.750.013 (extensión 2). O custo de cada operación para o Concello de Ponte Caldelas por cada niño retirado ascende a 108,90 euros.
RESPOSTA DA XUNTA DE GALICIA
A Xunta de Galicia volveu lamentar as críticas do alcalde de Ponte Caldelas contra o labor da administración autonómica na loita contra a avespa velutina e insiste en lembrarlle que ese Concello non se adheriu ao Plan de Loita contra a Velutina.
Desde a administración autonómica sinalan que nese programa están incluídos o 90 por cento dos municipios galegos, que si formalizaron a súa inclusión en tempo e forma.
Relacionadas:
-
A empresa SEAGA seguirá encargándose da retirada de niños de vespa velutina
Por Redacción |
-
Chamada de auxilio no lugar do Castrado en Cerponzóns ante a presenza de catro niños de velutinas
Por Anxo Lourido |
-
O Concello de Ponte Caldelas presenta ao sector local a web que facilitará o comercio electrónico
Por Redacción |
-
Vaipolorío anima a colocar trampas para frear a expansión das velutinas en leiras particulares
Por Manu Otero |