Rafa Domínguez: "Los socialistas de nuestra ciudad deben elegir: o Pontevedra o su partido"
Por Oskar Viéitez
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, compareceu este venres en rolda de prensa para presentar unha das mocións que defenderá no próximo Pleno municipal na que pide o rexeitamento ao acordo do Goberno do Estado sobre os remanentes e os superávits municipais.
Segundo o portavoz popular, con esta iniciativa "queremos instar a que este Concello no entregue al Gobierno central los ahorros de todos los pontevedreses y pontevedresas".
Rafa Domínguez cre que "la totalidad de la Corporación debe apoyar este acuerdo" e afirmou con rotundidade que "nuestro dinero se queda aquí".
O xefe da oposición municipal considera que "no podemos quedarnos de brazos cruzados" diante do que cualifica de "incautación de un dinero que es de todos los ciudadanos de esta ciudad".
Domínguez criticou con dureza esta medida aprobada polo PSOE e asegurou que "los socialistas de nuestra ciudad deben elegir: o Pontevedra o su partido".
En canto á postura do BNG, Domínguez agradeceu ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores que se teña "posicionado con el Partido Popular".
O portavoz do PP referiuse á fronte común feito por Lores cos alcaldes de Madrid, Cádiz e outras 8 cidades contra o criterio de repartición dos 5.000 millóns de euros que Facenda propón para os concellos que lle cedan os seus aforros. "De poco sirve que el Alcalde se reúna con nadie si su partido sigue apoyando a Sánchez en Madrid", dixo Domínguez.
Relacionadas:
-
Os populares piden destinar o superávit do Concello aos sectores máis afectados pola pandemia
Por Alejandro Espiño |
-
A 'liga de alcaldes' contra a "incautación" de Facenda esixe ao Goberno liquidez sen condicións
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP quere que o pleno da Deputación reprobe a Abel Caballero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta pide cambiar a Lei Montoro para que os concellos poidan gastar os seus remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
Lores fai fronte común con Almeida, "Kichi" e outros sete alcaldes contra a "incautación" de remanentes prevista por Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
Ofensiva do PP contra a "confiscación" dos remanentes dos concellos
Por Oskar Viéitez |