Cinco bañistas denuncian un home que fixo fotos a mulleres en topless en Poio
Por Natalia Puga
Cinco bañistas que na tarde do martes estaban na praia de O Laño, en Poio, presentaron denuncia ante a Policia Local contra un home que durante a sua estancia no arenal lles fixo fotografías en topless co seu teléfono móbil.
Descoñecese canto tempo puido estar fotografando a mulleres, pero a sua actitude a descubriuna a parella dunha das modelos involuntarias. O mozo persiguiu ao 'fotógrafo', que xa estaba abandonando a praia, e deulle alcance. Mentres tanto, a sua moza chamou a Policia Local e os axentes retiverono e pedironlle ver o teléfono móbil para comprobar se a queixa da bañista era certa. Puidose comprobar que sacara fotos en topless de varias mulleres de distintas idades.
Finalmente, cinco mulleres de entre 20 e 40 anos presentaron denuncia por ser supostas vítimas da acción do individuo. O home foi identificado pola Policia Local, é un veciño de Madrid que se atopa de vacacions na provincia de Pontevedra e que agora deberá render contas por estes feitos ante o Xulgado de Garda.
A Policia Local xa remitiu as dilixencias instruidas ao xulgado, de modo que non pode confirmar mais datos do sucedido.