Bueu instala na Casa do Concello un punto para depositar aparellos electrónicos
Por Redacción
O Concello de Bueu conta cun novo punto de reciclaxe de aparellos electrónicos, situado na planta baixa da Casa do Concello, no que os cidadáns poderán depositar móbiles, tablets, pilas, baterías e cargadores que xa non utilicen.
Este martes 18 estreaban o punto de reciclaxe o concelleiro de cultura, Xosé Leal, e a técnica de residuos e medio ambiente, Iria Rey.
Este novo equipamento forma parte das actuacións no marco do proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), impulsado pola Deputación de Pontevedra en diversos puntos da provincia, coa achega de fondos FEDER.
O concelleiro Xosé Leal lembra que "é importante depositar correctamente estes residuos co fin de frear os vertedoiros incontrolados, que verquen na natureza elementos altamente contaminantes como chumbo, arsénico ou mercurio".
O punto de reciclaxe está formado por tres caixas de recollida: unha para teléfonos móbiles e tablets, outra para pilas e baterías e a última para cargadores e cables. O resto dos chamados RAEE (todo tipo de aparellos domésticos que funcionen con corrente, como electrodomésticos, dispensadores de aire acondicionado, impresoras, aspiradoras, pranchas, fornos, secadores de pelo...) deben entregarse directamente no Punto Limpo, ou ben solicitar a súa recollida por parte das empresas concesionarias a través do teléfono 900725425.
Relacionadas:
-
A mancomunidade do Morrazo supera o reto de Ecoembes e incrementa a reciclaxe de plásticos
Por Redacción |
-
A Deputación edita una guía sobre xestión de 'lixo electrónico'
Por Redacción |
-
O punto limpo de Meaño xa está adaptado para xestionar residuos electrónicos
Por Redacción |
-
A Deputación entrega maquinaria para o proxecto de reciclaxe do "lixo electrónico"
Por Redacción |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |