A familia de Sonia Iglesias colga carteis para a manifestación do 28 de agosto
Por Redacción
Tenda a tenda, a familia de Sonia Iglesias, percorre estes días a cidade de Pontevedra repartindo medio millar de carteis coa convocatoria dunha manifestación para o próximo mércores 28 de agosto.
A sociedade pontevedresa segue tendo moi presente o caso de Sonia Iglesias, desaparecida pola 18 de agosto do 2010, así estano percibindo os seus familiares polo que esperan unha grande acollida tanto na concentración na praza da Ferrería, ás 21.30 horas, como no posterior percorrido por algunhas das rúas máis céntricas da capital.
O lema da marcha é "Tres anos sen Sonia".
Aínda que o aniversario se cumpriu o pasado día 18, a súa familia quixo evitar a coincidencia coas festas da Peregrina.
Relacionadas:
-
O xulgado de violencia sobre a muller asume o caso de Sonia Iglesias
Por Oskar Viéitez |
-
Tres mil persoas piden na rúa "saber qué le pasó a Sonia" Iglesias tres anos despois
Por Redacción |
-
Cúmprense 3 anos da desaparición de Sonia Iglesias
Por Redacción |
-
"Julio Araújo no te da explicaciones ni se exaspera cuando lo interrogamos por Sonia Iglesias"
Por Redacción |