Pontevedra e O Salnés volven a cifras de mediados de maio tras 14 novos positivos por Covid, con 84 casos activos
Por Diego Espiño
Desde o pasado 16 de maio a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non rexistraba cifras tan elevadas de afectados por coronavirus. Por aquel entón eran 93 os 'casos activos' rexistrados, mentres que este mércores 19 de agosto a cifra situouse en 84.
Isto supón un notable incremento con respecto ao martes (+9), debido a que se detectaron 14 novos positivos e producíronse 5 altas epidemiolóxicas nas últimas horas.
Ademais a área sanitaria volve contar cunha persoa ingresada por coronavirus, concretamente no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra. O resto de 83 afectados evolucionan polo momento nos seus domicilios.
Segundo reflicte o balance oficial feito público este mércores pola Consellería de Sanidade, desde o inicio da pandemia superaron o virus 940 pacientes en Pontevedra e O Salnés, onde se rexistraron 17 falecementos asociados ao Covid-19.
Tamén a nivel autonómico segue a escalada nos casos activos, e é que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.623, o que supón 118 máis que a xornada anterior. Deles 960 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 145 da de Ourense, 84 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 91 da de Santiago, e 69 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 no domicilio. Por agora, na comunidade hai un total de 11.657 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 286.968.
Relacionadas:
-
A curva dispárase na área sanitaria: 27 novos positivos por Covid e 120 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sobe a dous o número de pacientes de Covid na UCI de Montecelo, con 96 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Ingresa na UCI de Montecelo o primeiro paciente con Covid-19 desde o mes de maio
Por Manu Otero |
-
Descenden ata os 80 casos activos de coronavirus en Pontevedra mentres seguen a subir no resto de Galicia
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria alcanza os 75 casos activos de coronavirus, ningún hospitalizado
Por Natalia Puga |
-
33 profesionais de Montecelo, en corentena por estar en contacto cun paciente con Covid-19 que finalmente morreu
Por Natalia Puga |
-
Once positivos máis de coronavirus desde o domingo na área sanitaria, que suma xa 70 casos activos
Por Natalia Puga |
-
O número de positivos por Covid-19 na área de Pontevedra chega á cifra de 60 persoas
Por Redacción |
-
Falece un home de 69 anos, ingresado por Covid-19 no Hospital Montecelo
Por Anxo Lourido |