O mercado de abastos sumarase ao portal de comercio on line de Pontevedra ‘E-Ponte.com'
Por Redacción
O portal de comercio on line de Pontevedra ‘E-Ponte.com' segue a dar pasos para converterse nun 'marketplace' de referencia para consumidores e establecementos comerciais do municipio e agora busca potenciar sinerxías coa nova plataforma 'PonteAbastos.com'.
Segundo a información facilitada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, impulsora das dúas iniciativas, a intención é integrar a plataforma da praza de abastos en 'E-Ponte.com' para optimizar a visibilidade e a xestión das vendas dos produtos do mercado.
Os detalles da colaboración aínda non se pecharon, pero o responsable de Ponte Abastos, Jorge Eyo, e a concelleira Yoya Blanco, xa avanzan que a proposta resulta "moi interesante".
"Estamos vendo como se fará, pero farase", confirma Eyo, e Yoya Blanco amósase "tremendamente satisfeita" coa evolución do sitio web ‘E-Ponte.com', nado durante o confinamento e que xa conta con máis de 80 empresas rexistradas.
A concelleira de Promocion Económica deu a coñecer este mércores que acaban de pechar acordos coa entidade bancaria Abanca para a xestión da plataforma de pagamentos e con Correos para o servizo de reparto dos produtos, de maneira que a plataforma xa está entrando nunha segunda fase, na que ofrecen formacións on line e presenciais a comerciantes, emprendedores e empresarios pontevedreses, co obxectivo de fomentar o uso do marketplace e das novas tecnoloxías como elementos diferenciadores para o progreso e desenvolvemento dos negocios.
Yoya Blanco convida a tódalas empresas a inscribirse de xeito gratuíto no portal ‘https://www.e-ponte.com/', na opción ‘Rexistrarse’, para que dispoñan dun sitio que lles facilite o comercio electrónico e recibir un conxunto de ferramentas para dixitalizar a súa xestión administrativa, de promoción e atención dos clientes.
Relacionadas:
-
PonteAbastos.com amplía oferta con seccións de floraría, panadaría, conservas e queixería
Por Redacción |
-
RADIO.- Hai un Black Friday e tamén está no comercio local, en liña e presencial
Por Redacción |
-
Sacan a concurso 64 postos de venda no Mercado de Abastos de Pontevedra
Por Redacción |
-
O comercio local de Pontevedra, a un só clic de distancia dos fogares
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O mercado de abastos de Pontevedra estrea o seu sistema de reparto a domicilio
Por Redacción |
-
Javier de la Torre expón os seus retratos de rockeiros no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O comercio local de Pontevedra, a tan só un click coa tenda online 'E-Ponte.com' creada por #PonteLovers
Por Redacción |