Sobe a dous o número de pacientes de Covid na UCI de Montecelo, con 96 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
Desde maio a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital de Montecelo permanecía sen pacientes afectados de coronavirus, e en apenas dous días esa tendencia cambiou co ingreso, por segunda xornada consecutiva, dunha persoa positivo en Covid-19.
Trátase da persoa que permanecía ingresada os últimos días en planta no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez, e que foi trasladada á unidade de críticos ao empeorar o seu estado. Desta forma son dos os afectados que permanecen ingresados na UCI, os únicos que precisan a día de hoxe atención hospitalaria.
O resto de 93 casos positivos evolucionan nos seus domicilios.
Segundo o balance ofrecido este sábado 22 de agosto pola Consellería de Sanidade, son 96 os 'casos activos' de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o que supón 10 casos máis que a xornada anterior. Este aumento débese aos 15 novos positivos detectados xunto ás 4 altas epidemiolóxicas que se deron.
Desde o inicio da pandemia superou o coronavirus 952 pacientes da área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 17 falecementos asociados ao virus.
Non se frea tampouco a escalada de casos a nivel autonómico, e é que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.148, é dicir, 153 máis que o venres. Deles eles 1.167 son da área da Coruña (+53), 278 da de Lugo (+24), 195 da de Ourense (+16), 95 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo (-1), 172 da de Santiago (+42), e 97 da de Ferrol (+8).
Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 62 en unidades de hospitalización e 2.077 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 11.815 persoas curadas, rexistrándose 631 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dúas mulleres de 91 e 89 anos, e un home de 92, todos da área sanitaria da Coruña, e con patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 299.022.
Relacionadas:
-
A área sanitaria baixa dos cen casos activos por primeira vez desde o verán pasado
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Ascenden a tres os hospitalizados por Covid na área sanitaria tras unha xornada con 7 positivos e con 147 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e O Salnés contabilizan este luns 24 novos positivos de Covid-19 e 141 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A curva dispárase na área sanitaria: 27 novos positivos por Covid e 120 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Ingresa na UCI de Montecelo o primeiro paciente con Covid-19 desde o mes de maio
Por Manu Otero |
-
Descenden ata os 80 casos activos de coronavirus en Pontevedra mentres seguen a subir no resto de Galicia
Por Diego Espiño |
-
Elevan a 51 os sanitarios de Montecelo en corentena por estar en contacto cun falecido con Covid-19
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra e O Salnés volven a cifras de mediados de maio tras 14 novos positivos por Covid, con 84 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria alcanza os 75 casos activos de coronavirus, ningún hospitalizado
Por Natalia Puga |