Queixas do PP de Barro polo estado da parte alta do parque natural do río Barosa
Por Redacción
O Partido Popular de Barro criticou este sábado a "falta de interese, abandono e desidia" do goberno local co mantemento do parque natural de Río Barosa.
En concreto os populares refírense á parte alta do espazo natural, onde existe un coñecido local de hostalería nun dos muíños rehabilitados.
Xunto a ese local unha pasarela de madeira permitía cruzar a unha zona de esparexemento, aínda que o paso pola ponte está agora prohibido debido ao seu mal estado. Ademais piden o arranxo dun pequeno paseo que bordea o muíño.
"Son centos de turistas e veciños os que visitan esta paraxe, e durante todo este verán ninguén puido cruzar a ponte nin gozar da contorna, simplemente pola falta de interese", defenden desde o grupo municipal do PP.