A FANPA avisa que o tempo para negociar "estase esgotando" e mantén a suspensión dos comedores escolares
Por Diego Espiño
Os días seguen pasando e as follas do calendario van caendo cara ao teórico inicio do curso lectivo e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos (FANPA) da provincia de Pontevedra mantén a suspensión dos servizos de comedor e Plan Madruga que xestiona.
Nun escrito asinado xunto á Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS), asegura non ter recibido noticias da Xunta de Galicia desde as reunións mantidas os días 5 e 6 de agosto coa delegación territorial da Consellería de Educación.
Desde entón "non tivemos ningunha outra nova sobre as aclaracións solicitadas da aplicación do protocolo COVID para o curso 2020-21 aos comedores escolares, aulas de madrugadores e actividades extraescolares", quéixase a FANPA.
A federación provincial de nais e pais defende que estas aclaracións solicitadas conlevan necesariamente a modificación do protocolo para facelas extensivas a todas a ANPA que desenvolven estas actividades. "Por tanto, o diálogo necesario para resolver estas cuestións non é a nivel da delegación territorial, senón a nivel da Consellería de Educación, diálogo que ata o momento non se produciu", lamentan.
Nesta situación, e coas asociacións de pais expresando a súa vontade de non asumir esta responsabilidade mentres non se modifique o protocolo, FANPA Pontevedra reitera que as actividades do Plan Madruga e comedores "atópanse suspendidas para o próximo curso".
Sendo así "o tempo para modificar esa decisión está a esgotarse", avisan instando á Consellería para establecer canto antes unha vía de diálogo.
Relacionadas:
-
Incógnita resolta: os servizos de comedor e Plan Madruga de Pontevedra e Poio comezan o 5 de outubro
Por Redacción |
-
A FANPA anuncia a "imposibilidade" de que os comedores escolares e o Plan Madruga comecen o 1 de outubro
Por Oskar Viéitez |
-
Haberá comedores escolares se a Xunta ratifica o seu compromiso de incrementar o seu apoio
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Inicio do curso escolar: "O problema non vai estar nos centros educativos, está fóra"
Por Marisa Ciordia |
-
Vilaboa, sen comedores, Plan Madruga e extra escolares: as Anpas renuncian e amosan a súa preocupación ante a volta ao cole
Por Redacción |
-
Un profesor recolle 11.500 sinaturas reclamando unha volta ao cole segura que entregará este martes en Educación
Por Redacción |
-
Rogelio Carballo, presidente da Fanpa Pontevedra, aclara que a apertura de matrículas dos comedores escolares só é estimativa
Por Anxo Lourido |
-
A Fanpa abrirá o 10 de agosto o prazo para a inscrición nos comedores escolares
Por Redacción |
-
As federacións de ANPAS emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores escolares
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fanpa deixará de xestionar os comedores escolares e o Plan Madruga pola imposibilidade de cumprir o protocolo da Xunta
Por Oskar Viéitez |