Pontevedra e O Salnés contabilizan este luns 24 novos positivos de Covid-19 e 141 casos activos
Por Diego Espiño
A semana comeza con outro forte incremento de afectados de coronavirus na área sanitaria, segundo o balance oficial ofrecido este luns 24 de agosto pola Consellería de Sanidade.
Se o domingo foron 27 os positivos rexistrados, nesta ocasión a cifra de novos contaxiados situouse en 24.
Esta situación fixo dispararse os 'casos activos' dos que fala o Servizo Galego de Saúde ata os 141 en Pontevedra e O Salnés, 21 máis que na xornada anterior ao producirse tres altas epidemiolóxicas.
Nas dúas últimas xornadas rexistráronse 51 novos contaxios na área sanitaria
Entre os afectados, dous deles seguen evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital de Montecelo, sendo os únicos que precisan nestes momentos coidados hospitalarios xa que o resto de positivos, 139, atópanse nos seus domicilios.
Desde o inicio da pandemia superaron o Covid-19 un total de 958 persoas na área sanitaria, onde se produciron 17 falecementos asociados ao virus.
No que respecta a Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública sitúa este luns os casos activos na comunidade en 2.452, o que supón 146 máis que o domingo. Deles 1.236 son da área da Coruña (+29), 321 da de Lugo (+17), 212 da de Ourense (+9), 141 da de Pontevedra (+21), 155 da área de Vigo (+1), 274 da de Santiago (+60), e 113 da de Ferrol (+7).
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 70 en unidades de hospitalización e 2.370 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 11.956 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 305.847.
Relacionadas:
-
A cifra de afectados de coronavirus segue crecendo: 16 novos contaxios e 179 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Ascenden a tres os hospitalizados por Covid na área sanitaria tras unha xornada con 7 positivos e con 147 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Tres traballadores da Deputación dan positivo por coronavirus e un cuarto está en estudo por un caso na familia
Por Redacción |
-
A curva dispárase na área sanitaria: 27 novos positivos por Covid e 120 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sobe a dous o número de pacientes de Covid na UCI de Montecelo, con 96 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Ingresa na UCI de Montecelo o primeiro paciente con Covid-19 desde o mes de maio
Por Manu Otero |
-
Descenden ata os 80 casos activos de coronavirus en Pontevedra mentres seguen a subir no resto de Galicia
Por Diego Espiño |
-
Elevan a 51 os sanitarios de Montecelo en corentena por estar en contacto cun falecido con Covid-19
Por Natalia Puga |