Tres traballadores da Deputación dan positivo por coronavirus e un cuarto está en estudo por un caso na familia
Por Redacción
Tres traballadores da Deputación Provincial de Pontevedra acaban de dar positivo por coronavirus e un cuarto está en seguimento por parte das autoridades sanitarias porque se detectou un caso positivo na súa familia.
O Goberno da Deputación deu a coñecer estas catro situacións este luns unha vez que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais trasladou a existencia dos tres positivos confirmados.
Unha vez que se soubo que estas tres persoas están contaxiada, a Deputación activou de xeito inmediato todos os protocolos correspondentes á normativa sanitaria da Covid-19.
Un dos traballadores deu positivo nas probas cando se atopaba en período de vacacións, de maneira que non tivo ningún contacto co resto do persoal da Deputación de Pontevedra.
Os outros dous contaxiados son traballadores que realizan as súas funcións en servizos externos.
En canto ao cuarto caso, constatouse o contaxio dunha persoa da súa familia e este traballador está agora en estudio e á espera das probas preceptivas.