Dous novos positivos por Covid-19 nos xulgados de Pontevedra levan aos sindicatos a pedir maior prevención
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O persoal dos xulgados de Pontevedra tivo coñecemento este luns de que dous compañeiros deron positivo por coronavirus. Trátase de dous traballadores do Xulgado do Penal número 1 e do Xulgado de Primeira Instancia número 2 e non son os primeiros casos contaxiados por Covid-19, senón que os sindicatos falan de catro máis previos, de maneira que coñecer a súa situación leva aos sindicatos a demandar maiores medidas preventivas.
Pablo Valeiras, responsable do sindicato AXG-CUT Galicia, indica que para evitar o posible contaxio entre o resto de traballadores e os cidadáns, remitiron á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia unha serie de demandas que inclúen a medida de poñer en corentena a todos os traballadores dos dous xulgados afectados ata que se coñeza o resultado das probas PRC.
Este sindicato pide que se realice unha proba PCR a todos os traballadores que estiveron en contacto cos afectados, que se realice unha nova desinfecion das instalacións dos dous xulgados e que, con carácter urxente se convoque aos traballadores do Xulgado do Penal 1 e Primeira Instancia 2 de Pontevedra a realizar as probas PCR.
Segundo este mesmo sindicato, nesta pandemia xa houbo outro positivo dun traballador do Penal 1 de Pontevedra e tamén nun Xulgado de Instrucción no mes de xullo e xa en anteriores ocasións pediron máis medidas preventivas, pero a Xunta non atendeu as súas peticións.
Alternativas da Xustiza lembra que en cada xulgado hai 10 traballadores que están en contacto directo durante 8 horas diarias e que a falta de investimento no proxecto de 'papel 0' fai que o persoal teña que levar documentación entre os distintos xulgados e por distintos andares do edificio xudicial da Parda.
Pablo Valeiras tamén critica que a Xunta de Galicia "o único que fixo" foi desinfectar os xulgados, pero négase a facer probas PCR aos traballadores e a aprobar a corentena dos traballadores ou facer seguimento de posibles contaxios entre compañeiros.
A XUNTA PON EN MARCHA O PROTOCOLO ANTI COVID
A Dirección Xeral de Xustiza trasladou á autoridade sanitaria a información destes casos para a posta en marcha dos PCRs necesarios e á empresa adxudicataria dos servizos de limpeza para que se desinfecten as zonas de traballo e de uso común, segundo informou tras confirmar estes casos a delegación territorial da Xunta de Galicia.
Con estas medidas, indican desde a Xunta, están a aplicar o protocolo aprobado polo Ministerio de Xustiza para garantir a seguridade laboral dos empregados públicos.
Relacionadas:
-
Critican os "desplantes" da Xunta co partido xudicial de Vilagarcía, "un dos máis colapsados de Galicia"
Por Redacción |
-
Forzas sindicais denuncian a falta de prevención ante a covid-19 e as deficiencias para teletraballar nos xulgados
Por Redacción |
-
A Xunta afirma que os xulgados contan con todas as medidas de protección necesarias
Por Redacción |
-
Activan o protocolo anticovid ante un novo positivo nos xulgados de Pontevedra
Por Redacción |
-
Piden probas PCR e labores de desinfección inmediatas nos Xulgados de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comezan os cribados preventivos de Covid-19 a profesorado e temporeiros da vendima
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Ascenden a tres os hospitalizados por Covid na área sanitaria tras unha xornada con 7 positivos e con 147 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Regresa a actividade aos xulgados da Parda
Por Oskar Viéitez |
-
Editan unha guía práctica para resolver as dúbidas dos xuíces durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos rexeitan os servizos mínimos e esixen o peche dos xulgados
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A actividade xudicial, tamén alterada polo coronavirus
Por Natalia Puga |