Batería de obras en cinco estradas autonómicas entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
Cun prazo de execución de 6 meses, a Xunta de Galicia acaba de comezar as obras de mellora do firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas.
Os traballos desenvolveranse en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.
As actuacións, que contan cun investimento de preto de un millón de euros, consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas.
Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, actuarase entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.
Na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.
Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3 á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
A última actuación será na V.G-4.7, a vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo leste desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto, os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483.
Relacionadas:
-
780.000 euros para a mellora de cinco estradas autonómicas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A Xunta rozará as marxes de estradas autonómicas da comarca a vindeira semana
Por Redacción |
-
Poio e Meaño reclaman á Xunta unha mellora integral da estrada PO-303
Por Redacción |
-
A Xunta e a Deputación continúan coa limpeza das estradas
Por Redacción |