Últimos trámites para que os xardíns da Uned conten cunha nova entrada e estean abertos á veciñanza
Por Redacción
A Xunta Reitora da Uned aprobaba a finais de xullo a cesión do parque do Centro Asociado de Monte Porreiro ao Concello de Pontevedra. Agora o persoal técnico dos servizos xurídicos municipais e do servizo de parques e xardíns estuda a fórmula para levar a cabo esta operación.
Con este traspaso, a veciñanza da urbanización poderá gozar deste espazo natural que se integraría co espazo do Miradoiro e con todo o barrio. Iván Puentes, concelleira de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, explica que está previsto realizar unha proposta de convenio de cesión á Uned coa intención de que sexa por un período amplo de tempo, que amortice o investimento que se vai acometer.
Puentes indica que se están estudando os termos do borrador dese convenio que permitirá rexenerar e integrar no barrio uns xardíns de enorme valor paisaxístico con exemplares arbóreso centenarios.
Ademais, a intención do goberno local é que se habilite unha nova entrada que se crearía na zona máis próxima á urbanización, á altura do Supermercado Froiz situado na Rúa Italia. Esta entrada sumaríase á actual. A intención de Desenvolvemento Sostible é establecer unha rede de senllas peonís por estes xardíns e sinalizar as especies exóticas que se atopan nestes terreos. O proxecto centraríase en sacar partido ás posibilidades didácticas e de educación ambiental que presenta este espazo coa posibilidade de que poida gozalo a veciñanza.
Relacionadas:
-
Os xardíns da Uned estarán en mans do Concello a partir da vindeira semana
Por Redacción |
-
A UNED aprobará o martes a cesión dos seus xardíns ao Concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra convértese na sede do Campus Noroeste da UNED coa dirección de Víctor González Sánchez
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno municipal solicita formalmente á UNED a cesión dos seus xardíns
Por Redacción |
-
Tallan acacias que xeraban situacións de perigo nos xardíns da UNED
Por Redacción |