César Poza estrea a alcaldía de Vilaboa cunha reestruturación do goberno local
Por Redacción
Unha das primeiras medidas de César Poza como alcalde de Vilaboa foi a reorganización do goberno municipal, tras a saída do BNG.
O rexedor socialista defende que esta nova distribución responde tamén á excepcionalidade provocada pola pandemia, asegurando que será "unido e corresponsable" cunha distribución de competencias que "se axusta ás necesidades e á realidade actual do Concello e das súas veciñas e veciños".
Poza tendeu ademais a man ao BNG e tamén á oposición do PP: "Insisto no que veño dicindo nestes días, na miña vontade de que o Concello de Vilaboa sexa un exemplo do que debe ser a política e que todos traballemos xuntos".
En canto á repartición de áreas o alcalde ademais de coordinar as diferentes áreas encargarase en primeira persoa de Cultura e Obras; María Canosa Otero estará á fronte das concellerías de Servizos Sociais, Migración, Servizos e Cemiterios; José Manuel Piñeiro seguirá dirixindo as áreas de Urbanismo e Infraestruturas e amplía competencias con Aforro Enerxético e Medio Ambiente; María Dolores Cerqueiro levará as concellerías de Educación, Sanidade e Novas Tecnoloxías; Brais Sánchez suma ás áreas de Deportes e Turismo a de Xuventude; e Carmen Gallego asume as responsabilidades de Facenda, Igualdade, Promoción Económica e Sectores Produtivos.
Relacionadas:
-
O Concello de Vilaboa pon a punto os seus colexios para o inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
César Poza convértese en alcalde de Vilaboa con maioría simple
Por Redacción |
-
Rompe o Bipartito de Vilaboa: o BNG deixa o goberno, pero apoiará a elección de César Poza
Por Redacción |
-
César Poza, aposta do PSOE para substituír ao dimisionario alcalde de Vilaboa
Por Redacción |