'Mulleres en acción. Violencia Zero' leva as súas reivindicacións a Sanxenxo
Por Redacción
A quinta edición do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero' , impulsado pola Deputación de Pontevedra, recalaba este mércores en Sanxenxo.
Co obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade, a Praza dos Barcos acollía o concerto de DJ Russinha, nome artístico de Marta Gilino.
Antes de que soase a música, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo lembrar ás 29 mulleres asasinadas en España neste 2020 por mor da violencia de xénero, unha lacra que, denunciaba, "padecemos polo simple feito de ser mulleres". Silva aproveito a oportunidade para poñer sobre a mesa algúns datos que evidencian a desigualdade existente a día de hoxe entre homes e mulleres, unha situación que fixo nacer o programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero' "como un berro cheo de razóns para levar ao conxunto da sociedade esta loita", manifestaba a presidenta.
Pola súa banda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, agradecía a todas as mulleres "o esforzo que están a facer nos últimos anos para erradicar a diferenza existente entre homes e mulleres".
Baixo o título de 'Transcurso', DJ Russinha fixo un chamamento á unidade do feminismo e evidenciou a través da música as diferentes violencias patriarcais que sofren as mulleres. Xa o propio nome da peza garda un significado especial pois evoca o camiño que pode vivir unha muller que estea a sufrir algunha das formas de violencia que padece ao longo da súa vida. A artista conxugou ao longo da actuación sons propios con música pertencente a diferentes identidades e voces multixénero, mesturando ritmos principalmente electrónicos con outros máis tradicionais.
O programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero' volve reunir este ano a 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta quinta edición estase a celebrar en 25 concellos da provincia: Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Tui, Mondariz, Pontecesures, Gondomar, O Grove, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Porriño, O Rosal, A Guarda, Meis e Moaña.
Relacionadas:
-
Cuntis e a Deputación reivindican a "violencia zero"
Por Redacción |
-
As atencións ás vítimas da violencia machista creceron un 24% en Sanxenxo
Por Redacción |
-
25N | Sanxenxo reclama combater a violencia machista "con seriedade e rotundidade"
Por Redacción |
-
Sen minutos de silencio no 25N da Deputación: "estamos fartas do silencio, imos berrar alto e claro contra o maltrato que sufrimos as mulleres"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Presentan a Maleta dos Océanos, unha proposta educativa que combina o papel das mulleres e a salvación dos recursos mariños
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Presentan o web da Cátedra de Feminismo, unha ferramenta para fomentar as mulleres científicas e hackear o patriarcado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O pavillón de Tenorio estrea un mural contra a violencia machista
Por Redacción |
-
'Mulleres en Acción. Violencia Zero' regresa en Marín cun berro contra a violencia machista
Por Redacción |
-
O lema 'Por nós, por todas' vestirá a balconada da Deputación de Pontevedra para reivindicar a igualdade
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |
-
As voces das avoas galegas e as súas experiencias, protagonistas en Cuntis na acción de Violencia Zero
Por Redacción |