A cifra de afectados de coronavirus segue crecendo: 16 novos contaxios e 179 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
Unha escalada que non cesa. A cifra de afectados de Covid-19 en Pontevedra e O Salnés segue medrando unha xornada máis, segundo reflicte o balance oficial feito público este xoves 27 de agosto.
Segundo estes datos a área sanitaria pontevedresa acumula 179 'casos activos' de coronavirus despois de que nas últimas horas se rexistrasen 16 novos positivos e se dése o alta epidemiolóxica a dous pacientes.
De entre os contaxios, un resultado positivo dun cliente provocou o peche dun negocio en Ponte Caldelas. Ao ter contacto directo co contaxiado, os responsables do establecemento foron sometidos a próbalas pertinentes e instados a permanecer en corentena por precaución.
O que se mantén estable é a cifra de hospitalizados, con tres persoas ingresadas no Hospital de Montecelo. Do mesmo xeito que o mércores, unha atópase en planta e dúas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
Nas últimas 24 horas realizáronse na área sanitaria 411 probas PCR, que se engaden ás 26.334 xa efectuadas con anterioridade.
Ademais desde o inicio da pandemia superaron o virus 962 afectados de Pontevedra e O Salnés, onde se produciron 17 falecementos asociados ao virus.
En canto a Galicia, na última actualización o número de casos activos é de 2.939, o que supón 141 máis que o día anterior. Deles 1.304 son da área da Coruña (+29), 482 da de Lugo (+41), 266 da de Ourense (+23), 179 da de Pontevedra (+14), 185 da área de Vigo (+8), 404 da de Santiago (+32), e 119 da de Ferrol (+4).
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 95 en unidades de hospitalización e 2.832 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 12.183 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 317.307.
Relacionadas:
-
A área sanitaria mantén a tendencia á alza dos positivos por coronavirus, 17 na última xornada
Por Natalia Puga |
-
Os casos de Covid-19 seguen disparándose na área sanitaria, con 19 novos positivos nun día e varios brotes
Por Natalia Puga |
-
Alfonso Rueda: "A situación é preocupante, por iso facemos unha chamada a extremar o cumprimento das normas"
Por Natalia Puga |
-
Ascenden a tres os hospitalizados por Covid na área sanitaria tras unha xornada con 7 positivos e con 147 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e O Salnés contabilizan este luns 24 novos positivos de Covid-19 e 141 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A curva dispárase na área sanitaria: 27 novos positivos por Covid e 120 casos activos
Por Diego Espiño |