O GALP Ría de Pontevedra perfila o traballo ata final de ano da campaña pescado artesanal
Por Redacción
Peixe artesanal é a iniciativa na que traballa o GALP Ría de Pontevedra para promover a comercialización e consumo das capturas da pesca artesanal. Neste contexto, o vindeiro luns 31 agosto convoca a todo o sector a unha presentación que se desenvolverá a partir de mediodía na Biblioteca Municipal de Marín.
A intención da convocatoria é que unha vez que todas as partes interesadas coñezan ese plan de traballo achéguense opinións e suxerencias e ao tempo axustar e acordar as accións que se emprendan durante o próximos catro meses. Accións que se trasladarán ao ámbito online, xa que se farán a través da plataforma pescadoartesanal. com
Esta web permite comercializar conxuntamente capturas procedente da pesca artesanal na ría de Pontevedra a través dun sistema de avisos de captura e oportunidades de comercialización de peixe e marisco do día.
Están convocados, representantes das lonxas, do sector comercializador, restauración, Concellos e xestores de Prazas de Abastos. Para garantir as medidas hixiénico sanitarias, é necesario confirmar asistencia no teléfono 886 213 015 ou no correo electrónico gacpontevedra@gmail.com